Skip to main content

O 2 de Outubro pasará á historia do hockey liña galego e de Galicia Rollers. Comenzaba a liga autonómica feminina de hockey liña no Palacio dos Deportes de Riazor, e o clube coruñés debutaba co seu primeiro equipo feminino da súa historia: Ale, Adri, Rut, Paula, Julia, Claudia, María, Candela, Cris e Vicky pasarán á nosa historia, á historia de Galicia Rollers. Elas abriron o camiño ás vindeiras xeracións de xogadoras nun deporte que día a día crece en licencias.

O resultado era secundario. Queríamos un comezo especial e o fixemos na casa, no noso Pazo de Deportes de Riazor. Demostraron que cando hai que loitar non hai quen as pare. O destino quixo que no seu debut, tiveran que xogar dous partidos seguidos, sen descanso e cun equipo plagado de xente moi nova cun futuro máis que prometedor,  que a carón de xogadoras máis experimentadas fixeron un papel máis que notable no debut ante as Morcegas de Ourense e as Meigas de Lugo. As caras de satisfacción das xogadoras ao remate da sede, organizada por Galicia Rollers, veu da dicir que AS NOSAS chegaron para quedarse.