Skip to main content

Todas as persoas temos dereito á IGUALDADE e á DIVERSIDADE; a mostrarnos libremente COMO SOMOS e a non ser discriminadas nin agredidas pola nosa SINGULARIDADE: ser home, ser muller, ser trans, ter determinada idade, opción ou comportamento sexual, orixe étnica, relixión, diversidade funcional e sensorial, etc.

A nosa entidade, Galicia Rollers xunto coa Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación nos unimos para  tomar parte no reto e responsabilidade colectiva de facer da Coruña unha Cidade libre de violencias machistas.

¿Qué e o pacto social?

O Pacto Social por unha Coruña libre de violencias machistas é un compromiso consensuado coa cidadanía para traballar conxuntamente nunha estratexia de intervención fronte as violencias machistas. Pretende ser unha ferramenta para a procura dun modelo de convivencia máis igualitario e xusto. Así, o Pacto Social ten como obxectivo prioritario o rexeitamento colectivo de calquera tipo de violencia machista e a promoción de modelos alternativos de convivencia en igualdade.

Os obxectivos do Pacto son os seguintes:

  • Facer da Coruña un referente como espazo libre de violencias machistas.
  • Expresar de maneira clara e colectiva o noso rexeitamento a calquera forma de violencia machista.
  • Lograr un compromiso social firme que axude na consecución dunha cidade libre de violencias machistas.
  • Prever, detectar e eliminar as situacións de violencia que afectan ás persoas por cuestión da súa identidade de xénero, orientación sexual, procedencia ou diversidade funcional e sensorial.
  • Superar crenzas, tradicións e comportamentos que vulneren o dereito a unha vida digna, así como impulsar modelos alternativos de convivencia.
  • Facer visibles as dimensións reais das violencias machistas, con especial incidencia en identificar as formas en que se manifestan.
  • Subliñar as situacións de múltiple discriminación asociadas á confluencia de diversidade (xénero, raza, orientación sexual, diversidade sensorial/ funcional, nivel socioeconómico…). A isto chamáselle «interseccionalidade» e tende a agravar as violencias machistas.
  • Implicar a axentes, organizacións, asociacións e persoas a título individual na consecución das medidas establecidas mediante o Pacto.
  • Conseguir que todos os espazos de ocio, sexan espazos seguros e libres de abusos e agresións sexistas.
  • Potenciar aqueles espazos comprometidos coa seguridade e o rexeitamento de todo tipo de violencias.

Se precisades máis información podes PINCHAR  AQUÍ