Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

XORNADA ESCOLARES DE CARREIRAS EN PATINS. 23/03/19

23 marzo | 16:00 - 20:00

Gratuito

As XORNADAS ESCOLARES DE CARREIRAS EN PATINS, son unhas xornadas de promoción da modalidade de patinaxe de velocidade e pretenden ser un paso intermedio entre as escolas deportivas e a competición regrada articulada a través das federacións deportivas, dando unha oportunidade para introducirse non mundo do deporte regrado primando os aspectos participativos sobre os competitivos.

Co interese de axudar na promoción da disciplina, a entidade deportiva Galicia Rollers, levará a cabo unha xornada escolar na pista de patinaxe de Adormideras o sábado 23 de Marzo de 16.00 a 20.00, no que poderán participar rapaces de hasta 12 anos. No caso de choiva, a xornada trasladaríase o pavillón de Elviña I no mesmos horarios

Participantes: poderán participar nenos e nenas de  ata 12 anos.

Categoría:

  • Minis: nacidos/as: 2012 e posteriores
  • Pre- Benjamines: nados/ as 2010/2011
  • Benjamines: nados/ as 2009 e anteriores

Non se permitirá a participación de patinadores con licenza federativa de competición. Non está permitida a participación en categoría superior á que corresponde por ano de nacemento.

Grupos:

  • Escolas municipais
  • Escolas deportivas
  • Clubs deportivos
  • Patinadores independentes

Inscricións: As inscricións faranse no evento publicado na web do club organizador Galicia Rollers, www.galiciarollers.com , na sección específica de eventos. O prazo para inscribirse remata o 20 de marzo. O custo da inscrición e entrada para acompañantes (ambas os voluntarias) consiste na entrega de alimentos non perecedoiros, que os organizadores doarán a entidades de carácter benéfico.

O feito da inscrición supón o coñecemento e aceptación de todas e cada unha das bases da presente convocatoria. O club organizador declina toda responsabilidade no caso de accidentes. É obrigatorio o uso de casco protector, e recomendable o uso de proteccións. Os patinadores deberán presentarse unha hora antes do inicio, e DEBEN PORTAR CATRO IMPERDIBLES (necesarios para suxeitar o dorsal). Os acompañantes deberán permanecer obrigatoriamente fóra da pista. En casos excepcionais permitirase a estancia dun adulto acompañante na pista, sempre co visto e prace do monitor e autorización da organización.

Distancias por Categorías e Modalidades: CATEGORÍA PISTA
MINI:  1 volta e 3 voltas
PRE- BENJAMÍN:  2 voltas e 4 voltas
BENJAMÍN: 2 voltas e 4 voltas

Dentro do obxectivo xeral de contribuír á modalidade de patinaxe de velocidade, con deportistas en idade escolar e para lograr potenciais patinadores para a súa posible inclusión en competición federada, as probas organizaranse tentando a máxima participación e o estímulo necesario para compensar as habituais diferenzas entre os que dominan pouco a modalidade, que adoitan abandonar ao pouco de iniciar, e os que xa teñen un certo nivel.

En función dos inscritos en cada unha das categorías aplicaranse as seguintes regras:

  1. As series e finais constarán de 6 participantes máis-menos 2 (poderán ser 8).
  2. As series clasificatorias NON se farán por niveis, repartiranse polos xuíces de forma aleatoria en todas as competicións.
  3. Ninguén subirá nin baixará de nivel en ningunha clasificación.
  4. Haberá unha Final A con os patinadores clasificados que determinará o posto do 1º ao 6º, e unha Final B cos patinadores que participaron nas series e que determinará o posto do 7º ou ao 12º, e se o número de patinadores fixéseo necesario incluso unha Final C cos patinadores que non se clasificaron para semifinais e que determinará o posto do 13º en diante.
  5.  Se o número de inscritos nalgunha categoría aconselláseo, a Organización poderá modificar o sistema de competición, de maneira que prime sempre a igualdade participativa de todos os inscritos.

Regulamento de Competición: Será de aplicación a regulamentación da Federación Española de Patinaxe.

Arbitraxes: Para cada proba serán designados, 1 xuíz principal e 2 xuíces auxiliares

Clasificacións: Primeiro clasificado: 1 punto Segundo clasificado: 2 puntos Terceiro clasificado: 3 puntos Cuarto clasificado: 4 puntos e así sucesivamente clasificaranse primeiro os que teñan menor número de puntos.

Premios: Entregarase trofeo aos tres primeiros participantes.

NOTA: Unha vez que completes a inscripción, te chegará o teu correo un ticket cun código QR que será a confirmación da inscripción. Se non recibes o email pode ser que proceso non se finalizara.

Detalles

Fecha:
23 marzo
Hora:
16:00 - 20:00
Precio:
Gratuito
Categoría del Evento:

Organizador

Galicia Rollers
Teléfono:
881300845
Email:
info@galiciarollers.com
Página Web:
www.galiciarollers.com

Otros datos

Total de plazas
100
Total de horas
4
Colabora
CONCELLO DA CORUÑA, ESTUDIO BORRAZÁS, TOPSOUL, DEPUTACION DA CORUÑA

Lugar

Pista de patinaje de Adormideras
Calle Regata Cutty Sark, 17
A Coruña, La Coruña 15002 España
+ Google Map

Entradas

Tickets are not available as this evento has passed.