Skip to main content

As XORNADAS ESCOLARES DE CARREIRAS EN PATINS, son unhas xornadas de promoción da modalidade de patinaxe de velocidade e pretenden ser un paso intermedio entre as escolas deportivas e a competición regrada articulada a través das federacións deportivas, dando unha oportunidade para introducirse no mundo do deporte regrado primando os aspectos participativos sobre os competitivos.

Co interese de axudar na promoción da disciplina, a entidade deportiva de Galicia Rollers, levará a cabo unha xornada escolar na pista de patinaxe de Adormideras o sábado 23 de Marzo de 16.00 a 20.00, no que poderán participar rapaces de hasta 12 anos.

Participantes: poderán participar nenos e nenas de ata 12 anos.

Categoría:

  • Minis: nacidos/as: 2012 e posteriores
  • Pre- Benjamines: nados/ as 2010/2011
  • Benjamines: nados/ as 2009 e anteriores

Non se permitirá a participación de patinadores con licenza federativa de competición. Non está permitida a participación en categoría superior á que corresponde por ano de nacemento.

Grupos:

  • Escolas municipais
  • Escolas deportivas
  • Clubs deportivos
  • Patinadores independentes

Inscricións: As inscricións faranse no evento publicado na web do club organizador Galicia Rollers, www.galiciarollers.com , na sección específica de eventos. O evento publícase cunha marxe de 30 días, abrindo o prazo para inscribirse ou 5 de Marzo e péchase o 15 de marzo. O custo da inscrición e entrada para acompañantes (ambas os voluntarias) consiste na entrega de alimentos non perecedoiros, que os organizadores doarán a entidades de carácter benéfico.