Skip to main content

Galicia Rollers coa fin de fomentar a práctica dos deportes urbans de deslizamento realiza diversas actividades o longo do ano. Nesta ocasión, o clube,  queremos apostar por apoiar a todos esos rapaces que son usuarios dos patinetes scooters e que están copando os skateparks, creando un movemento xuvenil moi significativo, en moitos casos, triplicando os usuarios do monopatín.

Por todo iso o noso clube, encargarase de xestionar unas xornadas, nas que montaremos uns módulos de skatepark para que poidan pasar unha tarde facendo os seus trucos favoritos. Unha iniciativa que conta co apoio do programa de ocio xove de Nocturnia e o Concello da Coruña e que levarase a cabo o sábado 16 de Decembro no Palacio de Deportes de Riazor de 18h a 21h da tarde.

Para asistir e preciso inscribirse AQUÍ .

E unha actividade para rapaces e rapazas de entre 12 e 30 anos que conta ademáis co apoio de Topsoul quen será a encargada de levar algún dos seus riders e de Northside Skatepark que cederá algún dos seus módulos. O uso do casco e obligatorio.